readme_gl.txt

(17 KB) Pobierz
			
======================================================================
Ficheiro Léame do LibreOffice 3.3
======================================================================

Vexa as últimas actualizacións dete ficheiro en http://www.libreoffice.org/welcome/readme.html

Este ficheiro contén información importante sobre o software LibreOffice. Recoméndaselle ler atentamente esta información antes de comezar a instalación.

A comunidade de LibreOffice é responsábel do desenvolvemento deste produto, e invítao a participar nela. Se é un novo usuario pode visitar o sitio de LibreOffice no cal poderá atopar moita información sobre o proxecto LibreOffice e as comunidades que existen arredor del. Vaia a http://www.libreoffice.org/.
			
LibreOffice é realmente libre para calquera usuario?
----------------------------------------------------------------------

LibreOffice é de uso libre para todos. Pode utilizar esta copia de LibreOffice e instalala en todos os computadores que desexe, e utilizala para calquera propósito que que teña (o que inclúe a utilización comercial, gobernamental, na Administración pública e na educación). Para máis detalles, consulte o texto da licenza incluída na descarga de LibreOffice.
			
Por que LibreOffice é libre para todas as persoas?
----------------------------------------------------------------------

Pode utilizar esta copia de LibreOffice libre de cargas porque persoas individualmente e empresas patrocinaron desenvolvedores que deseñaron, desenvolveron, traduciron, documentaron, proporcionaron asistencia, publicitaron e axudaron de moitas outras formas para facer de LibreOffice o que el é hoxe - a mellor suite de programas de produtividade ofimática de código aberto do mundo para a casa e o traballo.

Se aprecia os esforzos e desexa que LibreOffice continúe dispoñíble no futuro, considere facer a súa contribución co proxecto - para máis detalles vexae http://www.documentfoundation.org/contribution/. Todo o mundo pode contribuír dalgunha maneira.
			
----------------------------------------------------------------------
Notas sobre a instalación
----------------------------------------------------------------------
			
Requisitos do sistema:
----------------------------------------------------------------------

* Microsoft Windows 2000 (Service Pack 4 ou superior), XP, ou Vista
* PC compatíbel Pentium (recoméndase Pentium III ou Athlon)
* 256 MB RAM (recoméndase 512 MB de RAM)
* Ata 1.5 Gb de espazo en disco dispoñíbel
* Tarxeta gráfica cunha resolución de 1024 x 768 e 256 cores (recoméndase unha resolución superior)

Obs.: É preciso ter dereitos de administrador para o proceso de instalación.

O rexistro de LibreOffice como o aplicativo predeterminado para os formatos de Microsoft Office pódese forzar ou eliminar usando os seguintes modificadores co instalador na liña de ordes:

* /msoreg=1 forzará o rexistro de LibreOffice como aplicativo predeterminado para os formatos de Microsoft Office.
* /msoreg=0 eliminará o rexistro de LibreOffice como aplicativo predeterminado para os formatos de Microsoft Office.

Se realiza unha instalación administrativa usando setup /a, asegúrese de que o ficheiro msvc90.dll estea instalado no seu sistema. Este ficheiro é necesario para que o LibreOffice inicie logo dunha instalación administrativa. Pode obter este ficheiro en http://www.microsoft.com/downloads/details.aspx?familyid=9B2DA534-3E03-4391-8A4D-074B9F2BC1BF

Obs.: É preciso ter dereitos de administrador para o proceso de instalación.

Asegúrese de que hai espazo abondo no cartafol temporal do seu sistema e de que ten permisos de lectura, escritura e execución. Peche calquera outro programa antes de iniciar o proceso de instalación.
			
Instalación da LibreOffice en sistemas Linux baseados en Debian/Ubuntu
----------------------------------------------------------------------

Xa ten instalada unha versión anterior de LibreOffice así que terá que desinstalala antes de continuar. Para obter instrucións sobre como facelo lea a sección titulada Desinstalación dunha versión anterior de LibreOffice situada máis abaixo. Para obter instrucións sobre como instalar un paquete de idioma (despois de ter instalada a versión en inglés de EE.UU. de LibreOffice) lea a sección titulada Instalación dun paquete de idioma que está situada máis abaixo.

Cando desempaquete o arquivo descargado verá que o contido se descomprimiu nun subcartafol. Abra unha xanela do navegador de ficheiros e vaia ao cartafol que comeza por «LibO_» seguido polo número de versión e algún tipo de información sobre a plataforma.

Este cartafol contén un subcartafol chamado «DEBS». Entre no cartafol «DEBS».

Prema sobre o botón dereito do rato e seleccione "Abrir un terminal". Abrirase unha xanela do terminal. Na liña de ordes da xanela do terminal, escriba a seguinte orde (preguntaráselle previamente polo seu contrasinal de usuario root antes de que se execute a orde):

sudo dpkg -i *.deb

A orde dpkg anterior fai a primeira parte do proceso de instalación. Para completar o proceso tamén deberá instalar os paquetes de integración co escritorio. Cambie ao cartafol "desktop-integration" dentro do cartafol "DEBS", utilizando a seguinte orde:

cd desktop-integration

Execute outra vez a orde dpkg:

sudo dpkg -i *.deb

O proceso de instalación completouse e xa debería ter as iconas para todos os aplicativos da LibreOffice no seu menú Aplicativos/Ofimática 
			
Instalación da LibreOffice en Fedora, Suse, Mandriva e outros sistemas Linux que usan paquetes RPM
----------------------------------------------------------------------

Se ten unha versión anterior da LibreOffice instalada, desinstálea antes de continuar. Para obter instrucións de como facelo, lea a sección seguinte titulada Desinstalar unha versión anterior da LibreOffice. Para obter instrucións sobre como instalar un paquete de idioma (despois de ter instalado a versión norteamericana - US- English da LibreOffice), lea a sección seguinte, titulada Instalación dun paquete de idioma. 

Ao desempaquetar o arquivo descargado, o contido descomprimirase dentro dun subcartafol. Abrir unha xanela do administrador de ficheiros e escribir o cartafol que comeza con "LibO_", seguido do número de versión e a información sobre a plataforma.

Este cartafol contén un subcartafol chamado "RPMS". Cámbiese ao cartafol "RPMS".

Premer o botón dereito dentro do cartafol e escoller "Abrir nun terminal". Abrirase unha xanela do terminal. Na liña de ordes introducir a seguinte orde (solicitaráselle que escriba o contrasinal do usuario root antes de executarse a orde):

Para sistemas Fedora: su -c 'yum install *.rpm'

Para sistemas Mandriva: sudo urpmi *.rpm

Para os demais sistemas RPM (Suse, etc.): rpm -Uvh *.rpm

A orde anterior anterior leva a cabo a primeira parte do proceso de instalación. Para completar o proceso tamén é necesario instalar os paquetes de integración co escritorio. Para facer isto, cámbiese ao cartafol "desktop-integration" dentro do cartafol "RPMS", usando a seguinte orde:

cd desktop-integration

Execute agora a orde de instalación novamente:

Para sistemas Fedora: su -c 'yum install *redhat*.rpm'

Para sistemas Mandriva: sudo urpmi *mandriva*.rpm

Para os demais sistemas RPM (Suse, etc.): rpm -Uvh *suse*.rpm

O proceso de instalación completouse agora e debe ter iconas para todos os aplicativos do LibreOffice no menú Aplicativos / Ofimática do seu escritorio.
			
Notas sobre a integración do escritorio para distribucións Linux non mencionadas nas instrucións de instalación anteriores
----------------------------------------------------------------------

Debería ser doado instalar LibreOffice noutras distribucións Linux non especificadas nestas instrucións de instalación. O principal aspecto das diferenzas podería estar na integración co escritorio.

O cartafol desktop-integration tamén contén un paquete chamado libreoffice3.3-freedesktop-menus-3.3.1.noarch.rpm (ou semellante). Consiste nun paquete para todas as distribucións que admiten as especificacións do Freedesktop.org (http://en.wikipedia.org/wiki/Freedesktop.org), e fornécese para permitir a instalación noutras distribucións de Linux non cubertas nas instrucións denanteriores.
			
Instalación dun paquete de idioma
----------------------------------------------------------------------

Descargue o paquete de idioma do idioma, país e plataforma desexado. Están dispoñíbeis no mesmo lugar do arquivo de instalación principal. Ddentro do xestor de ficheiros Nautilus, extraia o arquivo descargado nun cartafol (no seu escritorio, por exemplo). Asegúrese de ter saído de todos os aplicativos da LibreOffice (incluíndo o Iniciador rápido, caso de se estar executando).

Cámbiese ao cartafol no que extraeu o paquete de idioma descargado. 

Cámbiese ao cartafol que se creou durante o proceso de extracción. Por exemplo, para o paquete de idioma galego dun sistema Debian ou Ubuntu de 32 bits, o cartafol chámase LibO_, máis a información sobre a versión, seguido por Linux_x86_langpack-deb_gl.

Cámbiese ao cartafol que contén os paquetes para instalar. Nos sistemas baseados en Debian ou Ubuntu, o cartafol chámase DEBS. Nos sistemas Fedora, Suse ou Mandriva, o cartafol chámase RPMS.

Desde o xestor de ficheiros Nautilus, prema o botón dereiro no cartafol e escolla a orde "Abrir nun terminal". Xa xanela do terminal que se acaba de abrir, execute a orde de instalar o paquete de idioma (en todas as ordes seguintes, se solicitará escribir o contrasinal do usuario root):

Para sistemas Debian/Ubuntu:...
Zgłoś jeśli naruszono regulamin